viernes, 23 de noviembre de 2012

O SEIS DO NADAL ESTARÁ PRESENTE NA INAUGURACIÓN DA FACHADA DO NADAL DE EL CORTE INGLÉS (VIGO)

 

O próximo venres 23 de novembro do 2012 se inaugurará a fachada do Nadal 2012 de El Corte Inglés (Vigo) cun cartel de actividades que dará comezo ás 18:00 horas.

.

De 18:00 a 18:30 horas da tarde presentaranse aos máxicos persoaxes que estarán en El Corte Inglés este Nadal, nun espectáculo onde a música, os bailes e a diversión estarán asegurados. Ás 18:50 horas presentaranse aos protagonistas que levarán a cabo o arranque da fachada ás 19:00 horas.

 

Unha vez inaugurada a fachada do Nadal 2012 chegará a neve a El Corte Inglés de Vigo. A partir dese mesmo momento e ata aproximadamente ás 20:00 horas celebrarase a chegada do Nadal cunha gran festa con música, baile, coreografías e unha gran sorpresa final.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente na inauguración da fachada do Nadal 2012 de El Corte Inglés e quere convidar a tódolos seus deportistas, ao corpo técnico, familiares e amigos, a presenciar a chegada do Nadal 2012 e participar nas actividades programadas.