lunes, 29 de octubre de 2012

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DE XOGO DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR FEMININA DA TEMPADA 2012/2013

.

Os dous combinados de categoría júnior feminina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa coñecen o calendario de xogo da Liga 2ª División Júnior Feminina 2012/2013 da Federación Galega de Baloncesto.

.

Os calendarios de xogo dos tres grupos desta Liga 2ª División Júnior Feminina que comezou a pasada fin de semana dos días 20 e 21 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

O equipo Seis do Nadal "A", adestrado e dirixido por Carlos Guada e Pablo Sánzhez; e o combinado Seis do Nadal "B", dirixido por Francisco García e Sandra Solano; están ambos encadrados no Grupo B Vigo-Ourense xunto a:

.

SEIS DO NADAL "A"

SEIS DO NADAL "B"

AIREXA NIGRÁN

EIDO EMPRESA A.B. XINZO

APÓSTOL

C.B. BAIONA

MUEBLES VICTORIA BARCO

C.B. TUI SETA

PORRIÑO BALONCESTO BASE

.

A terceira xornada do Grupo "E" da Liga 2ª División Júnior Feminina terá lugar a fin de semana do 3 e 4 de novembro. O Seis do Nadal "A" xogará como local ante o Eidoempresa AB Xinzo, e o Seis do Nadal "B" recibirá ao CB Airexa Nigrán no Colexio Seis do Nadal en Coia. Pódese acceder ao calendario do Grupo C da Liga 2ª División Júnior Feminina pulsando na seguinte imaxe.

.