A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de Adestradores, activa a convocatoria dos seus Cursos de Iniciación 2012/2013, articulando unha estrutura formativa que irá crecendo ao longo da presente tempada.
As delegacións zonais da Federación Galega de Baloncesto serán as encargadas de canalizar en gran parte este proceso que contará, en calquera dos casos, con 35 horas de carácter presencial e determinadas esixencias non presenciais.
Todos aqueles interesados en acometer este proceso formativo non deben perder de vista os seguintes resquisitos básicos:
Sede
Localidades das propias Delegacións Zonais, sempre que haxa un mínimo de 15 preinscricións en cada zona.
Datas
As datas concretas de cada curso faranse públicas, en cada caso, a través das Delegacións correspondentes e da páxina web da Federación Galega de Baloncesto.
Requisitos
- Cumprir 15 anos durante a tempada de realización do curso
- Realizar a preinscricióin previa á celebración do curso
- Pago da cota de preinscrición
Cota
Son 200 Euros a abonar por transferencia bancaria á conta 2100 1455 14 0200227406, indicando: nome persoal completo e nivel do curso.
Documentación
O formulario de inscrición permanece disponible para todos os interesados no apartado Adestradores-Formación da páxina web da Federación Galega de Baloncesto.