martes, 23 de octubre de 2012

XA DISPOÑIBLE O CALENDARIO DE XOGO DO EQUIPO SÉNIOR FEMININO NA LIGA 2ª DIVISIÓN 2012/2013

.

Xa está dispoñible o calendario de xogo da Liga 2ª División Sénior Feminina da Federación Galega de Baloncesto da presente tempada 2012/2013, competición na que participa o equipo Sénior Feminino adestrado por Francisco García.

.

Os calendarios de xogo dos dous grupos desta Liga 2ª División Sénior Feminina que comezou a pasada fin de semana dos días 13 e 14 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Un total de 22 combinados participarán na Liga 2ª División Sénior Feminina que se repartirán en dous grupos de once equipos cada un, o grupo Norte e o grupo Sur. O noso equipo estará encadrado no grupo Sur da competición xunto a:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

C.B. ALLARIZ (Allariz)

SALESIANOS (Vigo)

TORVIGO BAIONA (Baiona)

SAUCES - SAN JOSÉ (Vigo)

PELETEIRO (Santiago de Compostela)

NOIA CURROPESCA.COM (Vigo)

CORTEGADA - BBC (Vilagarcía de Arousa)

REAL THEBES (A Estrada)

C.B. SAN PELAYO (Santiago de Compostela)

C.D. INMACULADA (Santiago de Compostela)

.

Nas dúas primeiras xornadas disputadas da Liga 2ª División Sénior Feminina o noso conxunto conseguiu dúas vitorias, e buscará no partido da terceira xornada, a xogar na pista do Real Thebes en A Estrada, a terceira vitoria desta tempada. Pulsando na seguinte imaxe pódese consultar o calendario de xogo completo.

.