miércoles, 24 de octubre de 2012

ACTÍVASE A "AULA FORMATIVA DO ADESTRADOR GALEGO" DAS MANS DO TÉCNICO MONCHO FERNÁNDEZ

 

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB poñen en marcha no presente mes de outubro a "Aula Formativa do Adestrador Galego de Baloncesto". Estas dúas entidades, xa citadas, suman obxectivos e esforzos para dar saída a esta novidosa iniciativa, que abrirá o seu camiño o vindeiro domingo 28 de outubro do 2012 co técnico do propio club santiagués, Moncho Fernández, como protagonista.

.

A entidade federativa e o equipo da capital galega inauguran esta proposta formativa, de carácter práctico e orientada a tódolos adestradores galegos de calquera idade, coa intención de achegar unha plataforma de formación continua e debate para os técnicos da nosa terra.

.

Moncho Fernández, será a referencia da primeira acción que se levará a cabo neste marco. O técnico de Compostela será o conductor dunha charla titulada "Construcción da Defensa do Pinck an Roll. Metodoloxía". A súa sobrada experiencia nos banquillos e o seu amplo coñecemento do xogo configuran a base perfecta para dar forma á súa intervención.

 

A cita en cuestión esta programada para as 12:00 horas do vindeiro domingo 28 de outubro do 2012; sendo o Pavillón de Pontepedriña a localización escollida para tal fin. O proceso de inscrición está xa aberto.

 

Inscrición

 

A participación nesta primeira charla da "Aula Formativa" pode solicitarse, completamente de balde, a través da Área de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto. Así, os interesados en inscribirse poden enviar os seus datos persoais ao enderezo adestradores@fegaba.com.

 

A súa presenza, no caso de formar parte na actualidade dos Cursos de Adestradores de Nivel I e II, poderá ser validada por 3 horas de formación práctica.