jueves, 9 de agosto de 2012

JORGE MARTÍNEZ, BREIXO SOLLA E IGNACIO SÁNCHEZ ADESTRARÁN AO CADETE FEMININO DO SEIS DO NADAL

.

Jorge Martínez, Breixo Solla e Ignacio Sánchez serán unha campaña máis técnicos do noso club e adestrarán ao conxunto Cadete Feminino da próxima tempada 2012/2013, grupo composto por xogadoras nadas nos anos 1997 e 1998, e que competirán na Liga 1ª División Cadete Feminina.

.

A pasada tempada 2011/12 Jorge Martínez adestrou e dirixiu ao Cadete Feminino "A", combinado que foi subcampión da Liga 1ª División Cadete Feminina e que participou na Fase Final do Campionato de España da mesma categoría. Jorge Martínez, cumprirá na próxima tempada a súa décimo sexta campaña deportiva como membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Breixo Solla será, na súa oitava tempada formando parte do corpo técnico da nosoa entidade, o adestrador axudante do Cadete Feminino; despois de adestrar a campaña pasada ao Cadete Masculino "B" e ser o adestrador axudante do Júnior Masculino "A".

 

O corpo técnico do grupo Cadete Feminino do club complétase con Ignacio Sánchez, quen desenvolverá de novo as funcións de delegado do equipo na que será a súa sexta tempada no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O grupo Cadete Feminino comezará os seus adestramentos de pretempada o próximo luns 20 de agosto ás 20:00 horas no Colexio Seis do Nadal.