miércoles, 15 de agosto de 2012

BORJA MARTÍNEZ ADESTRARÁ AO CADETE MASCULINO "A" XUNTO A DANIEL RODRÍGUEZ E DAVID RGUEZ.

.

O equipo Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2012/2013 será adestrado e dirixido por Borja Martínez, e estará integrado por xogadores de categoría cadete de segundo ano nados no ano 1997.

.

Borja Martínez continuará a próxima tempada 2012/2013 no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia ao mando do Cadete Masculino "A", na que será a súa xa cuarta campaña como técnico da entidade desde a súa incorporación no curso deportivo 2009/2010.

.

Daniel Rodríguez levará a cabo as funcións de adestrador axudante na súa segunda tempada no deporte federado pero terceira campaña no corpo técnico da Entidade viguesa desde a súa incorporación na tempada 2010/2011. Daniel compartirá unha tempada máis as funcións de adestrador coa práctica do baloncesto no equipo Sénior Masculino Zonal do club.

.

A dupla formada por estes dous adestradores se completará coa presencia de David Rodríguez, xogador do equipo Sénior Masculino Autonómico do club, quen levará a cabo as funcións de adestrador delegado na súa segunda tempada formando parte do corpo técnico da entidade.

.

O equipo Cadete Masculino "A" participará na Liga 2ª División Cadete Masculina da Federación Galega de Baloncesto. O noso conxunto estará integrado nun grupo de, como máximo, doce equipos distribuídos por proximiadade xeográfica, dando comezo a competición a fin de semana do 6 e 7 de outubro.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Cadete Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o luns día 20 de agosto ás 11:30 horas no Colexio Seis do Nadal.