jueves, 7 de junio de 2012

O ALEVÍN MASCULINO "A" DO CLUB TERCEIRO CLASIFICADO DA LIGA FGB ALEVÍN MASCULINA 2011/2012

(O Alevín Masculino "A" participou na Fase Final da Liga FGB Alevín)

.

ALEVÍN MASCULINO "A"

.

3º CLASIFICADO GALEGO

.

O conxunto Alevín Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Alicia Álvarez e Borja Martínez, finalizou á Liga FGB Alevín Masculina da presente tempada como terceiro clasificado despois de participar na Fase Final do campionato.

.

O noso combinado comezou a Fase Final da Liga FGB Alevín Masculina, o pasado sábado día 2 de xuño, ás 10:00 horas da mañá coa semifinal ante Culleredo (A Coruña), partido no que o Seis do Nadal "A" non puido conseguir a vitoria (82-89) e, por conseguinte, o pase ao partido final da Fase Final. Na outra semifinal saía finalista o Estudiantes de Lugo ao vencer ao Muebles Victoria Barco (Valdeorras).

 

O encontro polo terceiro e cuarto posto da Liga FGB Alevín Masculina enfrontou ao Seis do Nadal "A" e ao Muebles Victoria Barco, encontro que rematou cun 73-68 no marcador e convertía ao combinado vigués no terceiro clasificado da categoría rematando a Fase Final e a tempada cunha vitoria moi traballada.