lunes, 4 de junio de 2012

O ALEVÍN FEMININO "A" DO CLUB PROCLAMOUSE CAMPIÓN GALEGO ALEVÍN FEMININO 2011/2012

(O Alevín Feminino "A" coas súas medallas e premios de Campioas Galegas)

.

(O Alevín Feminino "A" despois de conseguir o Campionato Galego)

.

ALEVÍN FEMININO "A"

.

CAMPIOAS GALEGAS

.

O conxunto Alevín Feminino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, proclamouse campión galego despois de conseguir a vitoria no partido final da Fase Final da Liga FGB de categoría alevín feminina da presente tempada 2011/2012.

.

(Equipo Alevín Feminino que participou na Fase Final da Liga FGB)

.

O noso combinado comezou a Fase Final da Liga FGB Alevín Feminina, o pasado sábado día 2 de xuño, ás 10:00 horas da mañá coa semifinal ante Estudiantes de Lugo, partido no que o Seis do Nadal "A" conseguía a vitoria por 50-71. Na outra semifinal saía finalista o Arxil "A" (Pontevedra) ao vencer ao equipo de Mercedarias (Ferrol).

 

O encontro final da Fase Final da Liga FGB Alevín Feminina enfrontou ao Seis do Nadal "A" e ao Arxil "A", encontro que rematou cun 74-45 que convertía ao equipo vigués no presente campión galego da categoría.

 

Francisco García, Presidente de Honra da Federación Galega de Baloncesto, fixo entrega do trofeo e de tódalas medallas de campioas galegas a tódalas xogadoras e ao corpo técnico do Seis do Nadal "A". Ademais presenciou os encontros finais xunto a Francisco Martín, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, e xunto a Carlos Gómez, Subdirector Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

 

(Francisco García entregando o trofeo de Campioas ás nosas xogadoras)

 

(O Alevín Feminino "A" agardando polo seu trofeo de Campioas Galegas)