domingo, 27 de mayo de 2012

PRIMEIRA VITORIA DO CADETE FEMININO NO CTO. DE ESPAÑA DE CLUBS ANTE O BÁSKET MAR GIJÓN

(Salto inicial do primeiro partido do Campionato ante Básket Mar Gijón)

.

XIV Campionato de España de Clubs Cadete Feminino

 

GRUPO H - 1ª xornada

 

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 59

 

CD BÁSKET MAR GIJÓN (Gijón) 54

.

O combinado Cadete Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, deu comezo o pasado domingo 27 de maio do 2012 a súa andanza no XIV Campionato de España de Clubs Cadete Feminino cunha vitoria ante o CD Básket Mar Gijón (59-54).

.

O encontro estivo marcado pola gran igualdade entre ambos os dous conxuntos ata que as xogadoras galegas comezaron a impoñer a súa intensidade grazas ao seu esforzo defensivo, chegando á primeira diferenza significativa no marcador (43 a 33). O acerto en triples do equipo de Coia na segunda metade fixo que o encontro tivese un claro cor galego (54 a 44). Nos minutos finais do encontro a resposta do Básket Mar Gijón foi insuficiente ao non acertar de cara ao aro, deixando a vitoria en máns do Seis do Nadal - Coia.

 

Pódense consultar as estadísticas do partido ante Básket Mar Gijón, correspondente á primeira xornada do Campionato de España de Clubs Cadete Feminino, pulsando aquí.

.

(Un dos tempos mortos do Seis do Nadal - Coia no partido ante o Básket Mar)

.

O próximo luns 28 de maio do 2012 ás 13:00 horas o Seis do Nadal - Coia xogará a segunda xornada do Campionato de España de Clubs Cadete Feminino ante o Uva Ponce "A", primeiro clasificado de Castela León. O outro partido do Grupo "H" enfrontará ao Auka Bidalak Gernika e ao CD Básket Mar Gijón ás 16:00 horas da tarde.

.

XIV Campionato España Cadete Feminino

GRUPO H (2ª xornada: 28/05/2012) - Pavillón Ángel Orus

 

(13:00 h.) Uva Ponce "A" - Seis do Nadal Coia

(16:00 h.) Auka Bidalak Gernika - CD Básket Mar Gijón