martes, 8 de mayo de 2012

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB SUBCAMPIÓN DA LIGA 2ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 2011/12

(O Seis do Nadal - Coia e o CBA cos trofeos de subcampión e campión)

.

SÉNIOR MASCULINO "A"

.

SUBCAMPIÓN LIGA 2ª DIVISIÓN

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por César Álvarez, rematou unha exitosa tempada 2011/2012 como subcampión da Liga 2ª División Sénior Masculina e conseguindo o ascenso á 1ª División Nacional.

.

Despois de rematar na primeira posición do grupo Sur da competición, o Seis do Nadal - Coia disputou o cruce final co primeiro clasificado do grupo Norte, o CBA (A Coruña), para decidir o equipo campión da Liga 2ª División Sénior Masculina.

 

No partido de ida disputado no Central de As Travesas o noso conxunto non conseguiu superar ao equipo coruñés e rematou cun 60-63 no marcador, que deixaba todo por decidir para o partido de volta. Cun encontro coa mesma dinámica que o primeiro dos disputados, o CBA conseguía superar novamente ao noso conxunto no partido disputado en A Coruña (71-61).

.

(O capitán do Seis do Nadal - Coia recollendo o trofeo de subcampións)

 

O Vicepresidente Segundo Federación Galega de Baloncesto e Delegado en A Coruña, José Manuel Villamarín, transmitiou os seus parabéns á entidade e foi o encargado de entregarlle ao Seis do Nadal - Coia o trofeo de subcampión da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012.