martes, 8 de mayo de 2012

O CADETE FEMININO "B" DO SEIS DO NADAL 23º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN CADETE FEMININA 2011/12

(O Cadete Feminino "B" despois do último partido da 2ª Division)

.

CADETE FEMININO "B"

.

23º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O combinado Cadete Feminino "B", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Carlos Guada, finalizou a presente tempada 2011/2012 como equipo 23º clasificado da Liga 2ª División Cadete Feminina da Federación Galega de Baloncesto.

.

O equipo Seis do Nadal Illas Cíes participou na primeria fase de grupos no grupo "E" da Liga 2ª División Cadete Feminina e rematou na quinta posición cun balance de doce vitorias e dez derrotas. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A quinta posición do grupo "E" clasificaba ao noso conxunto adestrado por Carlos Guada a disputar a fase de clasificación polo 25º-30º posto da zona sur. Nesta nova fase o noso equipo competiu unicamente co CB O Meco (O Grove) despois da retirada dos demais conxuntos.

 

No partido de ida disputado no Colexio Seis do Nadal o Cadete Feminino "B" non conseguía a vitoria cedendo cun 41-43 ante o equipo de O Meco. No partido de volta disputado en O Grove o noso conxunto forzou o tempo da prórroga, tempo no que conseguiron superar ao equipo local cun 43-47 final, reusltado co que conseguían a vitoria e o 23º posto da Liga 2ª División debido a baixas de equipos nas outras fases de clasificación.

 

(Xogadoras do Cadete "B" na xuntanza posterior ao último partido oficial)