lunes, 14 de mayo de 2012

O JÚNIOR MASCULINO "A" DO SEIS DO NADAL 13º CLASIFICADO DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR MASCULINA 2011/12

(O Júnior Masculino "A" do Seis do Nadal da presente tempada 2011/2012)

.

JÚNIOR MASCULINO "A"

.

13º CLASIFICADO LIGA 2ª DIV.

.

O Júnior Masculino "A", Autoescuela Coia Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González e Breixo Solla, finalizou a Liga 2ª División Júnior Masculina da presente tempada 2011/2012 organizada pola Federación Galega como 13º clasificado.

.

O equipo Autoescuela Coia Seis do Nadal competiu no grupo "E" da fase de grupos da Liga 2ª División Júnior Masculina rematando na terceira posición cun balance de trece vitorias e tres derrotas, co mesmo número de vitorias e derrotas que o segundo clasificado e quedando ás portas de disputar a Fase de Ascenso. A clasificación final do grupo "E" foi a seguinte:

.

 

A terceira posición do grupo "E" clasificaba ao noso conxunto a disputar a fase de clasificación polo 13º-18º posto da zona sur. Nesta fase o noso conxunto xogaría catro novos partidos xunto ao Marín Peixegalego e o Ourense Capital Termal. Cun balance de tres vitorias e unha derrota o Autoescuela Coia Seis do Nadal finalizou na primeira posición de dita fase de clasificación conseguindo a 13ª posición da 2ª División.

 

 

Nesta última fase da tempada 2011/2012 o Autoescuela Coia Seis do Nadal participa no Torneo Primavera organizado pola Delegación Viguesa de Baloncesto. Nesta nova competición participan ademais do equipo "A" do Seis do Nadal, o Maristas "A", o Maristas "B", o C.B. Tui Seta e o Canteiras "A". A competición se extenderá ata a fin de semana do 23 e 24 de xuño cun total de dez xornadas con sistema de ida e volta.