miércoles, 11 de abril de 2012

AGRADECEMENTO DOS TORNEOS INTERNACIONAIS DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA

¡GRAZAS A TODOS E TODAS!

.

.

.

.

.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou nas pasadas vacacións de Semana Santa, os días 6, 7 e 8 de abril do 2012, os seus dous torneos internacionais "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo" de categoría cadete e infantil.

.

O C.Bc. Seis do Nadal - Coia quere agradecer a colaboración de tódalas persoas que durante as tres xornadas fixeron que a organización e a propia actividade fosen todo un éxito.

.

Agradecer aos directivos/as do noso club toda su dedicación, agradecer aos adestradores e ás adestradoras do club a súa colaboración como oficiais de mesa en cada un dos partidos e no propio desenvolvemento das tres xornadas, agradecer aos deportistas federados do club o seu apoio ao longo de todo o torneo, agradecer aos pais e nais dos xogadores e xogadoras todo o seu esforzo para conseguir que ano tras ano os torneos que organiza o noso club acaden o prestixio e importancia co que contan a día de hoxe.

.

¡GRAZAS A TODOS E TODAS!