jueves, 26 de enero de 2012

PRESENTADAS AS NOVAS EDICIÓNS DAS LIGAS INTERNAS DE COLEXIOS, LIGAS LINCO, DO C.B. SEIS DO NADAL

(De esquerda a dereita: José Luis Pérez, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto; Susana Román, directiva do club; Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Francisca García, secretaria da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club vigués)

.

O xa pasado mércores día 25 de xaneiro do 2012 tivo lugar na Concellería de Deportes do Concello de Vigo a presentación aos medios das dúas novas edicións das Ligas Internas de Colexios, Ligas Linco, que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na presente tempada 2011/2012.

.

Coa presenza de Manel Fernández, Concelleiro de Deportes de Vigo, e José Luis Pérez, Director Executivo e Presidente da Delegación en Vigo da Federación Galega de Baloncesto, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, representado por Francisca García, secretaria da entidade, Susana Román, directiva do club, e Sergio González, Director Deportivo da entidade; presentou as novas edicións das Ligas Internas de Colexios que organiza ano tras ano.

 

A partir do venres día 27 de xaneiro do 2012 se xogarán preto de 200 partidos entre as dúas competicións escolares. A Liga Linco de categoría minibásquet, dirixida a xogadores e xogadoras de 6 a 12 anos, cumpre o seu décimo aniversario e se celebrará tódolos venres no pavillón de Navia de 16:15 a 18:00 horas. A Liga Linco XL, na que participarán rapaces e rapazas infantís e cadetes de 13 a 16 anos, terá lugar cada dous venres nas pistas de Balaídos de 18:00 a 19:00 horas.

 

Máis de 200 nenos e nenas participarán nas Ligas Linco 2012, escolares integrantes das Escolas Deportivas dirixidas e coordinadas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: as escolas deportivas dos colexios CEIP Seis do Nadal, CEIP Illas Cíes, CPI Celso E. Ferreiro, CEIP Doutor Fléming, CEIP Pintor Laxeiro e CEIP Javier Sensat; así como as tres Escolas Deportivas Municipais do Berbes, Balaídos, e a nova de Navia

.

As dúas Ligas Linco - Linorsa 2012 contarán por sexto ano consecutivo co apoio de Linorsa, así como coa colaboración de Coca-Cola, Larsa e Displave; e co apoio e co refozo da Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación Vigo en Deporte e a Federación Galega de Baloncesto.

.

A Presentación Oficial das Ligas Linco - Linorsa 2012 terá lugar o próximo venres día 27 de xaneiro do 2012 a partir das 16:15 horas nos Pavillón Municipal de Navia, nun acto que suporá o pistoletazo de saída do décimo aniversario da competición interescolar organizada polo Seis do Nadal.

 

O Concelleiro de Deportes vigués, Manel Fernández, e José Luis Pérez, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto, reforzaron o traballo realizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a prol do baloncesto de formación e destacaron as dúas Ligas Linco como unha das actividades exemplares no ámbito do baloncesto escolar xa que aglutinan a un gran número de nenos e nenas practicando o deporte da canastra tempada tras tempada.