lunes, 9 de enero de 2012

O INFANTIL FEMININO "A" DO CLUB COMEZA NESTE NOVO ANO 2012 A LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL FEMININA

(O equipo Infantil Feminino "A" da presente tempada 2011/12)

.

O combinado Infantil Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González, Alicia Álvarez e Daniel Rodríguez, xa coñece o seu calendario de xogo da Liga 1ª División Infantil Feminina da presente tempada 2011/2012 que comeza esta fin de semana do 14 e 15 de decembro do 2011.

.

O equipo finalizou a primeira das fases da categoría, a Copa Galicia desta nova tempada 2011/2012. O Infantil Feminino "A" da entidade estivo encadrado no grupo "B" da Copa Galicia xunto ao Carmelitas Ingatel (Ourense), Celta Maristas de Vigo, Porriño Baloncesto Base Canteiras "A" e Cía María Vigo "A". Despois de oito partidos disputados e cun balance de catro vitorias e catro derrotas, o noso conxunto rematou na terceira posición da clasificación do grupo:

.

.

A Liga 1ª División Infantil Feminina estará integrada por 10 equipos que xogarán nun grupo único por sistema de liga a dobre volta todos contra todos, disputándose un total de 18 xornadas. Os equipos que conforman dita competición son:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

PELETEIRO (Santiago de Compostela)

CÍA MARÍA VIGO "A" (Vigo)

GRUPO LA JUNQUERA CORTEGADA (Arousa)

CELTA MARISTAS (Vigo)

CARMELITAS INGATEL (Ourense)

ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (Lugo)

PORRIÑO BTO. CANTEIRAS "A" (O Porriño)

C.B. ARXIL (Pontevedra)

MARISTAS CORUÑA (A Coruña)

.

Despois do sorteo do calendario celebrado o pasado día 12 de decembro o equipo Infantil Feminino "A" comezará a Liga 1ª División Infantil Femininva recibindo ao Carmelitas Ingatel o próximo sábado día 14 de xaneiro do 2012 ás 12:00 horas no Polideportivo de Navia. Xa se pode consultar o calendario de xogo completo pulsando aquí.

.

O Infantil Feminino "B" na Liga 2ª División Infantil

.

Na mesma categoría e estando encadrado no Grupo "E" da Liga 2ª División Infantil Feminina compite o Infantil Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, combinado que xa disputou seis xornadas da súa competición.

.

(O conxunto Infantil Feminino "B" xunto aos seus adestradores )

.

O conxunto Infantil Feminino "B" do club, dirixido por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, disputou xa seis partidos da liga cun balance de caro vitorias e dúas derrotas. Esta xornada o Seis do Nadal "B" visitará ao Airexa Nigrán na oitava xornada da competición.