domingo, 8 de enero de 2012

ENTREVISTA AO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA NO PROGRAMA "SOMOS QUEN" DA RADIO GALEGA

(Francisca García, Miguel Ángel Pena e Sergio González, do C.B. Seis do Nadal - Coia, nos locais de Radio Galega en Vigo)

.

Francisca García "Chuca", Secretaria do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Miguel Ángel Pena, membro da Xunta Directiva da entidade; e Sergio González, Director Deportivo do club vigués; foron entrevistados o pasado domingo 27 de novembro do 2011 na Radio Galega no programa da mañá "Somos quen".

.

A entrevista realizada aos tres membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia centrouse na súa maior parte no acto da Presentación Oficial da tempada 2011/2012 que se celebrou nesa mesma tarde no Pavillón Municipal de Navia, xuntando a máis de 600 deportistas entre tódolos equipos federados e as escolas deportivas.

.

Ao longo da entrevista explicouse o traballo de formación do Seis do Nadal nas distintas Escolas Deportivas da cidade de Vigo e na Liga Interna de Colexios organizada polo propio club, que esta tempada 2011/2012 cumprirá a súa décima edición, a súa primeira década.

.

Xa está dispoñible a entrevista na Radio Galega no enlace:

.