(Carmen Quintas recolle o primeiro premio das Rifas de Nadal na tenda deportiva Tiempo Muerto xunto a Concepción Martins, presidenta do club)
.
O pasado venres 13 de xaneiro do 2012 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e a tenda deportiva Tiempo Muerto fixeron entrega do primeiro premio das Rifas de Nadal.
.
Na tenda deportiva de Tiempo Muerto, Concepción Martins, Presidenta do C.B. Seis do Nadal - Coia, e Alfonso Martínez, como responsable de Tiempo Muerto, entregaron a Carmen Quintas, posuídora da rifa gañadora, o primeiro premio das Rifas de Nadal. Na entrega estivo acompañada de Alejandro De Torres, xogador do Benxamín Masculino "B" da entidade, que lle vendeu a rifa gañadora.
.
Carmen Quintas recibiu un vale de compra de 300 euros de Tiempo Muerto e dúas entradas para un dos partidos do ano 2012 do Club Baloncesto Breogán (Lugo), ao coincidir a súa rifa co número 8.268, catro últimas cifras do primeiro premio da Lotería Nacional de Nadal (58.268).
.
(A gañadora das Rifas de Nadal, xunto ao xogador Alejandro de Torres, despois de aproveitar o seu premio na tenda deportiva Tercer Tiempo)