(Xogadores do Seis do Nadal ao rebote no partido anteo O Grove)
..
C.B. GROVE TURIMARES S.L. (Grove) 50
..
SEIS DO NADAL - COIA (Vigo) 71
.
O Sénior Masculino Autonómico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia comezou o ano 2012 cunha nova vitoria ante o C.B. Grove Turimares S.L., partido disputado o domingo día 15 de xaneiro do 2012 e correspondente á última xornada da primeira volta da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12.
.
O conxunto adestrado por César Álvarez afrontaba este partido despois de conseguir tres vitorias consecutivas ante o Baiona (63-40), Instituto Rosalía de Santiago (71-85) e MGR Val de Lemos (75-57); mentres que o combinado de O Grove buscaba no partido ante o Seis do Nadal - Coia sumar a súa primeira vitoria na competición.
.
(Xogadores do Seis do Nadal - Coia agradecendo o apoio das bancadas)
.
Co partido ante o C.B. Grove Turimares S.L., o equipo Seis do Nadal - Coia concluía a primeira volta da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/12 da Federación Galega de Baloncesto. Tras enfrontarse aos once conxuntos cos que comparte división, o Seis do Nadal - Coia conseguiu dez vitorias e unha soa derrota ante o Ourense Capital Termal (58-55) na vila ourensá.
..
Despois da disputa da primeira das voltas da Liga 2ª División Sénior Masculina 2011/2012 o Seis do Nadal - Coia ocupa a segunda posición da táboa co mesmo número de vitorias e derrotas que o primeiro clasificado, o Ourense Capital Termal. A clasificación completa da competición é a seguinte:
.
.
O Sénior Masculino Zonal remata a primeira volta
.
Pola súa banda o equipo Sénior Masculino Zonal, adestrado por Carlos Rodríguez, disputou o pasado sábado día 14 de xaneiro do 2012 a novena xornada da Liga 3ª División Sénior Masculina 2011/2012 ante o Vigo A.M. no Pavillón Municipal de O Berbés.
.
Tódolos xogadores dirixidos por Carlos Rodríguez afrontaron o partido coa intención de levarse a vitoria desde os primeiros minutos do encontro. Cunha gran actuación na primeira parte onde a igualdade entre ambos conxuntos foi notable o Seis do Nadal - Coia chegou ao descanso cunha pequena vantaxe no marcador. O terceiro período mantivo a diferenza pero foi no cuarto e último asalto onde o Vigo A.M. se fixo co control no marcador evitando así a primeira vitoria do equipo visitante.
A clasificación completa da Liga 3ª División Sénior Masculina despois da primeira volta da competición é a seguinte:
.
O Sénior Feminino comeza a segunda volta
.
O Sénior Feminino do club dirixido por Francisco J. García viuse obrigado a aprazar o primeiro partido da segunda volta que lle enfrontaría ao combinado de Salesianos. Despois dos dez primeiros encontros disputados o balance do conxunto é positivo tras conseguir seis vitorias e encaixar catro derrotas.
A clasificación completa da Liga 2ª División Sénior Feminina despois da primeira xornada da segunda volta é a seguinte: