(A Selección Galega Infantil Feminina no Campionato en Valladolid)
.
As Seleccións Galegas disputaron en Valladolid a terceira das xornadas do Campionato de España Infantil e Cadete de Seleccións Autonómicas, campionato no que participan Borja Astray, coa Selección Infantil Masculina; Alicia Muñoz e Mª Carmen Rodríguez, coa Selección Infantil Feminina; e Irea González e Sara Fernández, coa selección galega de categoría cadete feminina.
.
Os resultados dos partidos disputados o pasado xoves día 5 de xaneiro do novo 2012 polas Seleccións Galegas, nas que participan os nosos deportistas, foron os seguintes:
.
Selección Galega Infantil Feminina (Cuartos de Final)
13:00 h.: Cataluña 65 - Galicia 43
.
Selección Galega Infantil Masculina (Postos 9º-12º)
20:00 h.: Galicia 88 - Murcia 66
.
Selección Galega Cadete Feminina (Cuartos de Final)
09:00 h.: Castela León 76 - Galicia 59