(A Selección Galega Cadete Feminina no Campionato en Valladolid)
.
As Seleccións Galegas disputaron en Valladolid a segunda das xornadas do Campionato de España Infantil e Cadete de Seleccións Autonómicas, campionato no que participan Borja Astray, coa Selección Infantil Masculina; Alicia Muñoz e Mª Carmen Rodríguez, coa Selección Infantil Feminina; e Irea González e Sara Fernández, coa selección galega de categoría cadete feminina.
.
Os resultados dos partidos disputados o pasado mércores día 4 de xaneiro do novo 2012 polas Seleccións Galegas, nas que participan os nosos deportistas, foron os seguintes:
.
Selección Galega Infantil Feminina (Grupo Preferente B)
09:00 h.: Galicia 71 - Melilla 51
.
Selección Galega Infantil Masculina (Grupo Especial 2)
13:00 h.: Galicia 75 - Andalucía 80
.
Selección Galega Cadete Feminina (Grupo Especial 2)
16:00 h.: Galicia 49 - Illas Baleares 43
.
(Borja Astray xogando nun dos partidos coa Selección Galega )
.
As seleccións cadete e infantil feminina rubricaron coas súas vitorias da xornada o seu pase a cuartos de final; así mesmo, as xogadoras infantís confirmaron o seu ascenso ao Grupo Especial para o Campionato de España da temprada que ven.
.
No apartado infantil masculino a sorte non estivo de todo coa selección galega. Os xogadores galegos valentes en pista e con posibilidades tanxibles de chegar ben lonxe, non puideron asinar ante Andalucía un trunfo necesario para poder pasar á Fase Final entre os oito mellores do Grupo Especial e loitarán agora polo noveno posto.