viernes, 18 de noviembre de 2011

O INFANTIL MASCULINO "A" DO CLUB COMEZA A LIGA 1ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA DA PRESENTE TEMPADA

.

O equipo Infantil Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Albert Toomas e Carlos Guada, xa coñece o seu calendario de xogo da Liga 1ª División Infantil Masculina da presente tempada 2011/2012.

.

O noso conxunto participou no Grupo "A" da Copa Galicia da categoría xunto ao Estudiantes Lugo, Porriño Bto. Base e Santo Domingo Betanzos. Despois dos seis primeiros partidos disputados da tempada o noso conxunto competiu en todos eles a pesar de non conseguir a vitoria. Na clasificación final o noso conxunto ocupou a cuarta posición do Grupo "A":

.

.

A Liga 1ª División Infantil Masculina estará integrada por 12 equipos que xogarán nun grupo único por sistema de liga a dobre volta todos contra todos, disputándose un total de 22 xornadas. Os equipos que conforman dita competición son:

.

SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

CARMELITAS VEDRUNA (Ourense)

FRUTAS ESTHER SYO (A Coruña)

NOVACAIXAGALICIA INST. ROSALÍA (Santiago)

BCA (A Coruña)

B.B. PONTEVEDRA "A" (Pontevedra)

COB SALESIANOS "A" (Ourense)

PORRIÑO BTO. BASE CANTEIRAS (O Porriño)

ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (Lugo)

STO. DOMINGO BETANZOS (Betanzos)

HOTEL ALMIRANTE (Ferrol).

.

Despois do sorteo do calendario celebrado o pasado día 7 de novembro o conxunto Infantil Masculino "A" comezará a Liga 1ª División Infantil Masculina visitando ao Porriño Bto. Base Canteiras o próximo sábado día 19 de novembro ás 12:00 horas no Pavillón Municipal de O Porriño. Pódese consultar o calendario de xogo completo pulsando aquí.

.

Equipos do club na Liga 2ª División Infantil

.

Na mesma categoría e na Liga 2ª División Infantil Masculina compiten os nosos equipos Infantil Masculino "B" e o Infantil Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal, equipos que xa disputaron catro xornadas da súa competición.

.

O equipo Infantil Masculino "B", adestrado por Breixo Solla e Óscar García, e encadrado no Grupo "E" da liga, disputou xa catro partidos da liga e xogarase esta fin de semana a quinta xornada, na que o Seis do Nadal "B" xogará ante o Maristas "A" o próximo sábado día 19 de novembro ás 12:00 horas no Colexio Celso Emilio Ferreiro.

.

(O Infantil Masculino "C" do club no seu partido en Redondela)

.

No Grupo "I" da Liga 2ª División Infantil Masculino compite o equpio Infantil Masculino "C", Seis do Nadal "C", dirixido por Carlos Rodríguez e Pablo García. Este combinado disputou catro encontros da competición cun balance de tres vitorias e unha soa derrota ante o Carmelitas. Esta fin de semana se enfrontará ao Porriño Bto. Base Canteiras "B" o sábado 19 de novembro ás 16:30 horas no Pavillón Municipal de O Porriño.