sábado, 19 de noviembre de 2011

CÍO GARÍCA, XOGADOR ALEVÍN DO CLUB, XA É CAMPIÓN GALEGO E DE ESPAÑA DE SQUASH EN IDADE SUB11

.

"Cío Garcia Barderas ten xa once anos e fai dúas tempadas entrou no Vigo Squash. Compaxina esta modalidade deportiva coa práctica do baloncesto. Esta duplicidade non lle impediu converterse nunha promesa cun futuro moi interesante".

.

Cío García, xogador do conxunto Alevín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, proclamouse campión de España de squash en Madrid na categoría sub-11 nun torneo moi especial no que gañou tódolos seus encontros con moita facilidiade. Antes deslumbrou en Galicia ao conquistar o título autonómico na mesma categoría.

.

O pasado mércores 16 de novembro do 2011, Cío García foi o protagonista da entrevista central do suplemento Campeones do Faro de Vigo onde explica a súa afición polo baloncesto, sendo "unha das grandes pasións que eu teño. É un deporte distinto ao squash pero moi interesante".