.
.
..
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia presentou a tódolos seus equipos federados e as súas escolas deportivas o pasado domingo día 27 de novembro no pavillón municipal de Navia ante unhas gradas cheas de familiares, amigos, amigas e colaboradores.
.
Nesta presentación oficial da tempada 2011/2012 a entidade presentou a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo así a máis de 600 deportistas en total, máis de 300 xogadores e xogadoras formando parte dos equipos federados e outros tantos nas distintas escolas deportivas, aos que se lle sumaron os máis de 30 monitores e adestradores que conforman o corpo técnico da entidade, un dos maiores do panorama deportivo galego.
.
O acto comezou ás 18:00 horas da tarde co desfile dos 23 equipos federados, grupos aos que lles seguiron o combinado de baloncesto para adultos e as dez escolas deportivas da entidade. O último grupo en ser presentado foi o grupo de adestradores e adestradoras, que recibiu unha gran acollida e ovación por parte de tódolos presentes no multiusos de Navia.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Unha vez presentados cada un dos equipos e realizadas ás fotos oficias da tempada, tiveron lugar as intervencións dos dirixentes da entidade e das autoridades que acompañaron ao noso club durante a Presentación Oficial.
.
Abriu ditas intervencións D. Sergio González Larrañaga, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e logo continuaron no turno de palabra D. Guillermo Reinaldo Barcia, Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia en Vigo; D. Jose Luis Pérez Pérez; Presidente e Director Executivo da Delegación Viguesa de Baloncesto; D. José Manuel Fernández Pérez, como Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Dna. Ánxeles Rivela Machado, Directora do CEIP Seis do Nadal; e Dna. Beatriz Rodríguez Méndez, Secretaria do CPI Celso E. Ferreiro; pechando as intervencións Dna. Concepción Martíns Rivas; Presidenta do vigués Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, quen clausurou o acto e agradeceu a asitencia a tódolos alí presentes.
.
.
.
.
Cunha grada repleta de familiares, amigos, patrocinadores e colaboradores, o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pechaba o acto de Presentación Oficial da tempada 2011/12 cunha gran foto de grupo con tódolos deportistas, monitores e adestradores que conforman esta gran familia que é o Seis do Nadal, que ano tras ano segue medrando constituíndose como un dos mellores clubs de base da comunidade galega.