miércoles, 30 de noviembre de 2011

"COIA SE FAI GRANDE", REPORTAXE DO CB SEIS DO NADAL - COIA NO SUPLEMENTO CAMPEONES

.

"O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia preséntase con 600 xogadores, a cifra máis alta de toda a súa historia. Posee dez escolas, entre as que está a nova de Navia."

.

"O Club Seis do Nadal Coia de baloncesto, fundado en 1983, alcanza nesta tempada a cifrá máis alta de deportistas de toda a súa historia. 600 xogadores, se se contan os federados e as escolas deportivas, forman parte dunha estrutura que non parou de crecer nestas últimos tempadas. A entidade viguesa, considerada como unha das mellores de Galicia dentro do mundo do baloncesto, adquire unha nova dimensión."

..

Así comeza a reportaxe publicada hoxe, mércores día 30 de novembro do 2011, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e o seu acto de Presentación Oficial da tempada 2011/2012 máis numerosa, "recibindo o recoñecemento das institucións públicas xa que ter a 600 deportistas está ao alcance de moi poucos".

.

Pódese acceder á reportaxe pulsando na imaxe desta noticia do Suplemento "Campeones" do Faro de Vigo.