jueves, 22 de septiembre de 2011

O EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO "A", ADESTRADO POR DAVID RODRÍGUEZ, COMEZA O NOVA TEMPADA 2011/2012

.. ..

.

O equipo Benamín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia da próxima tempada 2011/12 estará adestrado e dirixido por David Rodríguez, adestrador que cumprirá xa a súa quinta campaña deportiva formando parte do corpo técnico da entidade, despois da súa etapa como xogador da canteira.

.

Este combinado estará composto e integrado por xogadores de categoría benxamín nados nos anos 2002 e 2003 e estarán nas mans de David Rodríguez, adestrador que coñece de preto a categoría despois de adestrar a pasada tempada 2010/2011 ao Benxamín Masculino "A" do club.

.

Segundo as Bases de Competición da nova tempada 2011/12 o equipo Benxamín Masculino "A" participará nunha primeira fase local, competición previa á fase de clasificación que dará acceso á Fase Final do Campionato Galego. Esta tempada o Benxamín Masculino "A" do club competirá na nova categoría benxamín Masculina-Mixta.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O grupo Benxamín Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo venres día 23 de setembro ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal en Coia. Os días de adestramento deste equipo ao longo da tempada serán luns, mércores e venres de 16:00 a 17:30 horas nas instalacións do Colexio Seis do Nadal.