jueves, 4 de agosto de 2011

PABLO SÁNCHEZ CONTINUARÁ COMO PREPARADOR FÍSICO DO CLUB NA PRÓXIMA TEMPADA 2011/2012

.. ..

.

Pablo Sánchez continuará como Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal a próxima tempada 2011/2012. Esta figura naceu na estrutura do noso club fai tres campañas (na tempada 2008/09) ao analizar a necesidade e a importancia da adquisición duns hábitos mínimos de traballo relacionados coa preparación física por parto de tódolos xogadores e xogadoras da entidade.

.

O obexctivo principal do traballo de Preparación Física, levado a cabo baixo a programación e supervisión de Pablo Sánchez, é crear desde as categorías inferiores unha base física, motriz e psíquica, e universal e multifacética. Búscase proporcionar a tódolos rapaces e rapazas das categorías inferiores do club unha ampla e variada cantidade de experiencias a nivel físico, a nivel motriz e a nivel psíquico.

.

Pablo Sánchez, que esta tempada 2011/2012 compaxinará a súa labor de Preparador Físico coas funcións de adestrador axudante no conxunto Cadete Feminino "A", buscará, como novidade para esta nova campaña, a formación constante de tódolos adestradores e adestradoras do corpo técnico do club na área de Preparación Física.