martes, 2 de agosto de 2011

COMEZA OFICIALMENTE A TEMPADA 2011/12 NO C.B. SEIS DO NADAL - COIA

.

O pasado luns 1 de agosto do 2011 comezou oficialmente a tempada 2011/2012 para a entidade viguesa e para tódolos integrantes do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Como podedes ver nesta páxina web, a entidade xa a está a traballar intensamente no grupo de traballo da próxima época: dirección, responsables, adestradores e monitores; así como na renovación dos patrocinadores e na súa captación.

.

A dirección da entidade está a traballar para conseguir esta campaña o obxetivo de manter a constante actividade ofrecida a tempada pasada 2010/2011 e para ofrecer tamén as mellores condicións de traballo posible aos nosos deportistas e a todo o corpo técnico.