domingo, 31 de julio de 2011

SERGIO GONZÁLEZ, ALICIA ÁLVAREZ E DANIEL RODRÍGUEZ DIRIXIRÁN AO INFANTIL FEMININO "A" DO CLUB

.

Sergio González, Alicia Álvarez e Daniel Rodríguez serán os adestradores que dirixirán ao equipo Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2011/2012, grupo que estará composto por xogadoras nadas nos anos 1998 e 1999, e que xogarán na nova Liga 1ª División Infantil Feminina 2011/2012.

.

Na que será a súa novena tempada como membro do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal, Sergio González adestará ao Infantil Feminino "A", equipo que compaxinará coa dirección do conxunto Júnior Masculino "A".

..

Alicia Álvarez será a adestradora axudante do equipo Infantil Feminino "A" na que xa será a súa quinta tempada deportiva como adestradora do club desde a súa incorporación ao corpo técnico na tempada 2007/2008. Despois de ser a adestradora axudante na tempada pasada 2010/2011 do conxunto Cadete Masculino "C" xunto a Sergio González, esta nova tempada repetirán dupla no Infantil Feminino "A".

..

A dupla formada por estes dous adestradores se completará coa presencia de Daniel Rodríguez, quen levará a cabo as funcións de adestrador delegado na súa primeira tempada no deporte federado pero segunda campaña no corpo técnico da entidade viguesa, despois de adestrar nas Escolas Deportivas a pasda tempada 2010/2011.

..

Liga 1ª División Infantil Feminina e Copa Galicia

..

O equipo Infantil Feminino "A" participará na Liga 1ª División Infantil Feminina, competición na que xogarán dez equipos nun grupo único por sistema de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de dezaoito xornadas, e que comezará a fin de semana do 15 de xaneiro.

..

De xeito previo á primeira xornada da Liga 1ª División Infantil Feminina, o combinado adestrado por Sergio González, Alicia Álvarez e Daniel Rodríguez, participará na Copa Galicia da categoría, competición na que os dez conxuntos se divididrán en dous grupos de cinco conxuntos cada un, distribuídos por sorteo. Cada grupo xogará por sistema de liga a dobre volta (dez xornadas), formato de liga que comezará a fin de semana do 18 de setembro.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Infantil Feminino "A" comezará os adestramentos de pretempada o próximo luns día 8 de agosto ás 17:30 horas no Colexio Seis do Nadal.