jueves, 7 de julio de 2011

DEPORTISTAS DO SEIS DO NADAL NAS CONCENTRACIÓNS DE VERÁN DAS PRESELECCIÓNS GALEGAS

.

A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto non cesa a súa actividade co inicio do verán e ante a inminente chegada dunha nova tempada, sinónimo de novas fórmulas e estrutura de traballo.

.

O novo corpo técnico da categoría cadete traballou do luns 27 de xuño ao venres 1 de xullo no Centro de Tecnificación de Pontevedra na concentración de verán. A labor nesta primeira fase da nova tempada foi iniciar o traballo das preseleccións galegas cadetes, tanto masculina como feminina. Nesta primeira concentración estiveron presentes dúas xogadoras e un xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Sara Fernández e Irea González, deportistas cadetes da entidade, formaron parte do grupo de traballo da preselección galega de categoría cadete feminina, mentres que José Paz, xogador cadete do club, foi o representante da entidade no listado da preselección galega de categoría cadete masculina.

.

As dúas preseleccións galegas infantís tomaron o relevo das preseleccións galegas cadetes no traballo correpondente á primeira concentración de verán establecida pola Federación Galega de Baloncesto. Dita concentración tivo lugar entre os días 4 e 8 de xullo do na mesma sede pontevedresa e con doce rapaces e doce rapazas convocadas.

.

Entre a ducia de xogadores convocados en categoría infantil masculina atópase Borja Astray, xogador infantil do Club Baloncesto Seis do Nadal; mentres que Alicia Muñoz forma parte da lista das doce xogadoras convocadas en categoría feminina.