martes, 10 de mayo de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO DO CLUB REMATA NA 8ª POSICIÓN DA LIGA FGB SÉNIOR MASCULINA

.

SÉNIOR MASCULINO "A"

.

8º CLASIFICADO LIGA FGB 2010/2011

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por César Álvarez, rematou a Liga FGB Sénior Masculina da tempada 2010/2011 na oitava posición da táboa.

.

Na fase de grupos o noso combinado rematou na cuarta posición do Grupo Sur, co mesmo número de vitorias e derrotas que o terceiro clasificado, o Marín Peixegalego. Esta posición cruzou ao noso equipo co cuarto clasificado do Grupo Norte, o C.B.A. de A Coruña, na consecución da sétima praza da competición.

.

O primeiro partido disputado en A Coruña rematou cun 58-50 a favor do equipo locatario deixando para o partido de volta a resolución do cruce. Foi no encontro de volta celebrado no Polideportivo de Navia (Vigo) onde o C.B.A. conseguía unha nova vitoria por 48-60, para deixar ao equipo do Seis do Nadal Coia clasificado na oitava posición da táboa.

.

A clasificación final da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 foi a seguinte:

.

1º- UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE (Ourense)

2º- A.P. CAMBRE (Sigras)

3º- C.B. ALLARIZ (Allariz)

4º- CB ARTEIXO BETAPUESTAS.COM (Arteixo)

5º- MARÍN PEIXEGALEGO (Marín)

6º- CULLEREDO (Culleredo)

7º- C.B.A. (A Coruña)

8º- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

9º- VINACOTECA LEMBRANZA LICEO (Vilagarcía Arousa)

10º- A.X. SAGRADO CORAZÓN (Lugo)

11º- O MECO (O Grove)

12º- PRECIOSPORT.COM ADFRO (A Coruña)

13º- LA SALLE (Santiago de Compostela)

14º- MARISTAS CORUÑA (A Coruña)

15º- CRUZ ALTA (Ourense)

16º- OSO POLAR COSTA DA MORTE (Cée)

17º- CENOR CLUNY (Santiago de Compostela)

18º- XUVEN (Cambados)

19º- BAIONA (Baiona)

20º- EMPARESA NARÓN (Narón)

21º- ASESORÍA ESPIÑEIRA (Santiago de Compostela)

22º- C.B. CELTAS PRIMERA CALIDAD (Foz)

23º- LA ROSALEDA OBRADOIRO (Santiago de Compostela)

24º- TALLERES BALEATO FEEDBACK (Bembibre)