martes, 10 de mayo de 2011

O EQUIPO ALEVÍN MASCULINO "B" DO CLUB 6º CLASIFICADO DA LIGA ZONAL DVB ALEVÍN MASCULINA 2010/2011

.

ALEVÍN MASCULINO "B"

.

6º CLASIFICADO LIGA ZONAL DVB 2010/11

.

O Alevín Masculino "B", Seis do Nadal Illas Cíes, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Alicia Álvarez, rematou na sexta posición da Liga Zonal DVB Alevín Masculina da presente tempada 2010/2011.

.

Despois da primeira fase da competición o Seis do Nadal Illas Cíes, conxunto composto integramento por xogadores alevíns de primeiro ano, conseguiu clasificarse para o grupo A1 da segunda fase, grupo ao que chegaron os seis mellores equipos da competición. A clasificación final deste grupo, onde o Alevín Masculino "B" rematou na quinta posición, foi a seguinte:

.

.

O Canteiras "A", C.B. Tui, Seis do Nadal "A" e Salesianos disputaron a fase final en búsqueda do primeiro posto; mentres que o Seis do Nadal "B" e o C.B. Baiona xogaron o cruce polo 5º e 6º postos. No partido de ida xogado en Baiona o noso conxunto conseguiu unha vitoria pola mínima diferenza (49-50), perdendo esta vantaxe no encontro de volta no Colexio Seis do Nadal, caíndo nun partido moi igualado por 51 a 55.