domingo, 22 de mayo de 2011

O INFANTIL MASCULINO "B" DO CLUB SUBCAMPIÓN DA LIGA ZONAL DVB INFANTIL MASCULINA DIVISIÓN "B"

.

INFANTIL MASCULINO "B"

.

SUBCAMPIÓN LIGA ZONAL DIV. "B" 2010/11

.

O equipo Infantil Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Breixo Solla e Andrés Álvarez, proclamouse equipo subcampión da Liga DVB Infantil Masculina División "B" desta tempada 2010/2011.

.

O conxunto Infantil Masculino "B" disputou a primeira fase da competición no Grupo "B" finalizando a mesma na primeira posición cun balance de once vitorias ante unha derrota. A clasificación da primeira fase no Grupo "B" foi a seguinte:

.

.

Os dous primeiros clasificados do Grupo "A", Col. Apóstol e Carmelitas, e os do Grupo "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro e C.B. Tui Seta, disputaron os cruces de semifinais da competición infantil. O noso conxunto enfrontouse neste cruce ao Carmelitas, conseguindo a vitoria nos dous encontros disputados (39-44 e 32-59), vitorias que clasificaron ao equipo para a final da Liga DVB Infantil Masculina.

.

O outro combinado que disputou a final ante o Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro foi o C. Apóstol, primeiro clasificado da primeira das fases no Grupo "A" e gañador da semifinal que disputou ante o C.B. Tui Seta. O primeiro partido da final disputado no Colexio Celso Emilio Ferreiro rematou a favor do Apóstol cun marcador final de 35-51. Na volta disputada no Colexio Apóstol o equipo de Coia non cedeu o partido en ningún momento e cun excelente xogo conseguía a vitoria por 76-83, resultado que non foi suficiente para alzarse co título pero que lles proclamou subcampións da Liga Zonal Infantil Masculina da presente tempada 2010/2011.

.

O cadro de clasificación das dúas semifinais e da final da competición foi o seguinte:

.

.

Ao final do encontro de volta, D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa e Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto fixo entrega dos trofeos e as medallas aos equipos campión e subcampión da Liga Zonal DVB Infantil Masculina División "B" 2010/2011.

.

.

.