domingo, 22 de mayo de 2011

O CADETE MASCULINO "C", SEIS DO NADAL SD NAVIA, XOGARÁ A FINAL DA COPA FGB CADETE MASCULINA 10/11

(O Seis do Nadal SD Navia despois da vitoria nas semifinais da Copa FGB)

.

O Cadete Masculino "C", Seis do Nadal SD Navia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez, xogará a final da Copa FGB Cadete Masculina despois de superar no cruce de semifinais ao CB Ferrol.

.

No cruce de semifinais da Copa Galicia o equipo do Seis do Nadal - Coia enfrontouse ao CB Ferrol. O primeiro dos partidos disputado no Pavillón de Navia rematou cun resultado 86-60 a favor do equipo vigués, confirmando no partido de volta, xogado en Ferrol, a clasificación para a final da copa cun 61 a 80.

.

Nos cuartos de finais o Seis do Nadal SD Navia enfrontouse ao Cenor Cluny de Santiago de Compostela conseguindo a vitoria nos dous encontros disputados con resultados finais de 31-71 en Santiago de Compostela e 91-48 en Vigo.

.

O Seis do Nadal SD Navia se enfrontará ao equipo Autocares J. Pombo BCA (A Coruña) na final da Copa FGB Cadete Masculina desta tempada 2010/2011. O partido de ida da final terá lugar a fin de semana do 29 de maio en Vigo xogándose o partido de volta en A Coruña a fin de semana do 5 de xuño.

.

O cadro de clasificación da Copa FGB Cadete Masculina desta tempada 2010/2011 é o seguinte:

.