.
SÉNIOR MASCULINO ZONAL
.
SUBCAMPIÓN ZONAL DIV. "B" 2010/2011
.
O Sénior Masculino Zonal, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por César Álvarez, proclamouse subcampión da Liga Zonal DVB División "B" da presente tempada 2010/2011.
.
Despois do ascenso conseguido á primeira división zonal tras superar nas semifinais ao Salesianos, o equipo do Seis do Nadal enfrontouse na final da competición ao C.B. Vigo A.M., partido que se disputou no Pavillón Municipal de Salceda o pasado sábado 2 de abril do 2011.
.
O partido rematou cun 65-55 a favor do C.B. Vigo A.M., equipo que conseguiu superar ao Seis do Nadal no último período despois de estar por detrás no electrónico durante todo o encontro. Ao final do mesmo D. Alberte Zato, Presidente da Delegación Viguesa de Baloncesto, entregou os trofeos e as medallas aos equipos campión e subcampión da competición.
..
..
..