(Aída González xogará coa Selección Galega de Minibásquet)
.
A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto deu a coñecer o bloque definitivo de xogadores e xogadoras que conforman as dúas Seleccións Galegas de Minibásquet de categoría Feminina e Masculina.
.
Tras catro longos meses de traballo baixo a condición de preseleccións e nos que os seleccionadores foron analizando as posibles formacións finais, fixéronse públicas as listas dos 12 xogadores e 12 xogadoras que representarán a Galicia, do 16 ao 20 de abril do 2011, no XXIV Campionato de España de Seleccións Autonómicas en San Fernando (Cádiz).
.
O combinado galego de categoría feminina contará cunha xogadora da canteira do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia. Aída González, xogadora do Alevín Feminino "A", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrada por Aalí Mohamed e Silvia Caíño, formará parte da Selección Galega de categoría Feminina.
.
(Marta Cabaleiro, de vermello, xogadora reserva do combinado galego)
.
Entre as xogadoras reserva do combinado galego feminino foi seleccionada Marta Cabaleiro, tamén xogadora do Alevín Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, xunto a dúas xogadoras galegas máis completando así o trío reserva.
.
(Lois Pérez, nun torneo co equipo, xogador reserva da selección galega)
Tamén baixo a condición de xogador reserva, Lois Pérez, xogador do Alevín Macsulino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Carlos Rodríguez e Nicolás Paz, formará parte da Selección Galega alevín masculina.
.
As seleccións galegas tomaron parte, os pasados días 2 e 3 de abril, no Torneo de Minibásquet Mirando do Ebro 2011 (Burgos), cita clave de preparación para o Campionato de España que xa se atopa a menos de quince días.
.
Os dous combinados tiveron no torneo unha importante pedra de toque na que se mediron a Madrid e Castela León, seleccións que forman parte do seu mesmo grupo dentro do Campionato de España, o Grupo Especial. En concreto, a presenza en Miranda do Ebro tivo particular incidencia no caso feminino, sendo as xogadoras madrileñas e as de Castela León rivais directas na primeira fase da cita gaditana.
.
Con vitoria ante Castela León e derrota ante Marid para as femias, e dúas derrotas para eles, ambos os dous combinados galegos puxeron en Mirando do Ebro o punto e final á súa preparación para o Campionato de España.
.
Agradecemento
.
Neste punto de inflexión para o futuro das seleccións galegas de minibásquet en Cádiz, a Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto traslada o seu total agradecemento a todos os xogadores, xogadoras, clubs e concellos que ata o día de hoxe, desde o mes de decemebro, levan colaborando e amosando o seu total compromismo co proxecto das dúas seleccións galegas de minibásquet.