(Tempo morto solicitado no último dos partidos en Navia ante Liceo)
.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu unha nova vitoria ante o Baiona no partido que foi disputado no pavillón polideportivo de Panxón (Nigrán) correspondente á vixésimo primeira xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.
.
O combinado Sénior Masculino Autonómico do club sumou a décimo cuarta vitoria que lle asegura a cuarta praza do Grupo Sur da competición a falta da última xornada para o remate da fase de grupos. No partido que foi disputado en Nigrán o noso conxunto conseguiu encauzar o partido ao comezo do mesmo mantendo a vantaxe coa que se chegou ao final (41-51).
..
.
O próximo encontro que xogará o Seis do Nadal - Coia será ante o C.B. Allariz (Allariz), equipo clasificado na segunda posición da competición cun balance de dezasete vitorias e soamente catro derrotas. O encontro será disputado o próximo sábado 9 de abril ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Balaídos (Vigo).
.
O encontro do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Autonómica que disputará o Sénior Masculino Autonómico, adestrado por César Álvarez, se xogará coa cuarta posición da clasificación asegurada e coa posibilidade de situarse no terceiro posto en caso de conseguir unha nova vitoria ademais da derrota do Marín Peixegalego na súa casa ante La Salle.
.
A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da vixésimo primeira xornada, onde o noso equipo ocupa á cuarta posición co mesmo número de vitorias e derrotas que o terceiro clasificado, Marín Peixegalego, é:
.