.
"Lois Pérez, do Seis do Nadal Coia, foi o máximo anotador do 6º Torneo de Minibásquet Novacaixagalicia que foi disputado a pasada fin de semana."
.
"O Seis do Nadal chegou ás dúas finais, tanto na masculina como na feminina, ante o Estudiantes Asefa de Madrid, pero en ambas perdeu. Non obstante, o club vigués causou unha moi boa impresión e ademais confirmou que esta a traballar de forma intensa coa cantera, tal como queda reflexado nos anos últimos."
.
As liñas anteriores poden lerse na reportaxe publicada hoxe, mércores día 6 de abril do 2011, no suplemento deportivo Campeones de Faro de Vigo sobre o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e a súa presencia no Torneo de Minibásquet de Baiona, no que Lois Pérez foi o xogador máximo anotador do evento sendo o "centro de atención de moitas miradas pola súa facilidade para anotar puntos".
.
Pódese acceder á reportaxe pulsando nas imaxes da noticia ou descargando o Suplemento "Campeones" pulsando aquí.