lunes, 25 de abril de 2011

O SEIS DO NADAL SD NAVIA CAMPIÓN DO 4º TORNEO INTERNACIONAL CADETE 2011 SERIE MASCULINA "A"

.

(Os xogadores do Seis do Nadal SD Navia co trofeo de campións do torneo)

.

O pasado domingo día 24 de abril do 2011 o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizou a xornada de categoría Cadete Masculina Serie "A" do 4º Torneo Internacional Cadete "Coia, Núcleo de Baloncesto en Vigo", xornada na que o conxunto anfritrión, o Seis do Nadal SD Navia, se proclamou campión da xornada.

.

Os seis equipos que competiron nesta xornada de categoría Cadete Masculina Serie "A" foron o Seis do Nadal SD Navia (Vigo), Agustinos León (León), Básquet Coruña (A Coruña), Estudiantes Fundación Balogal (Lugo), Ourense Capital Termal (Ourense) e C.B. Navia (Asturias).

.

Estes seis equipos divididos en dous grupos disputaron a fase de clasificación durante a mañá no Polideportivo Municipal de Balaídos. O Seis do Nadal SD Navia encabezou o Grupo "A", seguido do C.B. Navia e Fundación Balogal. No Grupo "B" Agustinos Eras León foi o primeiro equipo clasificado, sendo o segundo o Básquet Coruña, e o terceiro o Ourense C. Termal.

.

Na fase final de cruces, disputada pola tarde, no partido polo 5º e 6º posto o Ourense Capital Termal lograba a vitoria ante o Fundación Balogal despois de conseguir pasarlle no marcador nos últimos minutos do encontro. No encontro pola 3º e 4º posición, disputado entre o C.B. Navia e o Básquet Coruña, foi necesario xogar unha prórroga despois de rematar o cuarto período cun 85-85. No período extra o equipo de A Coruña conseguiu impoñerese no marcador cun parcial de 1-9, co que conseguiu a vitoria do encontro e a terceira praza do torneo.

.

(Os xogadores do Agustinos Eras León subcampións do 4º Torneo Cadete)

.

O partido final da Categoría Masculina Serie "A" do 4º Torneo Internacional Cadete 2011 emparexou ao Seis do Nadal Navia e ao Agustinos Eras León. Dito partido comezou cunha gran intensidade e igualdade que pronto foi decantada do lado do equipo leonés que chegaba ao descanso cunha vantaxe de 13 puntos (22-35). No terceiro cuarto o equipo anfitrión, co desexo de non deixar escapar esta final, conseguía achegarse ao seu rival para rematar o período cun 42-43 no electrónico. Foi no último período onde o Seis do Nadal, despois de estar por debaixo no marcador ao longo de todo o encontro, conseguía superar ao Agustinos León cunha pequena vantaxe que foi aguantada ata o final do encontro (58-54) proclamando ao Seis do Nadal SD Navia novo campión do 4º Torneo Internacional Cadete 2011.

.

.

.

.

.

No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada de categoría Masculina Serie "A" do Torneo Internacional Cadete 2011 estivo presente Xabier Alonso, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; así como Alberte Zato, Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal; Aalí Mohamed, Presidente de Honra do club; Francisca García, Concepción Martíns e Adrián Sabido, membros da Xunta Directiva do club; e Alicia Álvarez e Silvia Caíño en represetación dos adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.