(Xogadoras convocadas do Alevín Feminino "A" do C.B. Seis do Nadal)
.
Tras levar a cabo as necesarias xornadas de concentración e traballo de creación de xogo e do bloque, celebradas estes meses atrás, as preseleccións galegas de minibásquet viaxan este domingo día 6 de marzo á localidade asturiana de Avilés para competir no I Torneo de Minibásquet 2011 Masculino e Feminino.
.
As seleccións de Navarra, Cantabria e a anfitroa, Asturias, serán nesta ocasión os rivais dos deportistas galegos, que disputarán entre o propio día 6 e o martes día 8 de marzo, no Complexo Deportivo de Avilés, un total de tres encontros.
.
O calendario compelto desta cita, que reunirá a un total de 120 xogadores e xogadoras alevíns en plena preparación para o Campionato de España na seguinte imaxe, na que se reflicten tamén a totalidade dos restantes partidos dos seus rivais neste torneo, organizado pola Federación de Baloncesto do Principiado de Asturias en colaboración co Concello de Avilés.
.
.
As xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participarán no I Torneo de Avilés coa Preselección Galega de Minibásquet serán as xogadoras Marta Cabaleiro (1999) e Aída González (1999), integrantes do Alevín Feminino "A", adestradas e dirixidas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño.