jueves, 3 de marzo de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO VIAXARÁ A SANTIAGO PARA XOGAR ANTE LA ROSALEDA OBRADOIRO

(Tempo morto do equipo Sénior Autonómico ante o Marín Peixegalego)

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, non foi capaz de superar ao Marín Peixegalego (Marín) no partido disputado no Polideportivo de Navia correspondente á decimo sexta xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.

.

O encontro ante o Marín Peixegalego disputado no pavillón de Navia ofreceu a tódolos asistentes unha igualada primeira parte, na que ningún dos dous equipos conseguía alonxarse no marcador. Foi a partir do terceiro período no que o equipo da vila de Marín conseguía a súa primeira vantaxe superior aos dez puntos, vantaxe que non perderon e que foi aumentando ata o 57-75 que reflexou o electrónico ao final do partido.

.

(Xogadores do Sénior Autonómico loitando por un rebote ante Marín)

.

O equipo Sénior Masculino Autonómico, adestrado por César Álvarez, continúa situado na cuarta posición da clasificación grazas ao excelente comezo da segunda volta da competición, excelencia que non se puido continuar ante o Peixegalego, equipo afincado na terceira posición da táboa en búsqueda dunha praza para a disputa da fase de ascenso.

.

.

O próximo encontro que xogará o Seis do Nadal - Coia será ante La Rosaleda Obradoiro (Santiago de Compostela), combinado clasificado na última posición da competición cun balance dunha vitoria ante quince derrotas. O encontro será disputado o próximo sábado 5 de marzo do 2011 ás 20:15 horas no Pavillón Lorenzo La Torre.

.

A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da décimo sexta xornada, onde o noso conxunto ocupa á cuarta posición, é a seguinte:

.