martes, 15 de marzo de 2011

O SÉNIOR MASCULINO AUTONÓMICO XOGARÁ ANTE LA SALLE DESPOIS DA NOVA VITORIA ANTE O CRUZ ALTA

(Tempo morto do equipo Sénior Autonómico ante o Cruz Alta)

.

O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu unha nova vitoria ante o Cruz Alta (Ourense) no partido disputado no Polideportivo de Navia correspondente á decimo oitava xornada da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011.

.

O encontro do Sénior Masculino Autonómico, xogado no pavillón do barrio de Navia e precedido da vitoria do equipo Cadete Feminino Autonómico no encontro que disputou ante o Pabellón Ourense, concluiu nunha nova vitoria, a undécima do noso conxunto na competición, cun marcador final 71-66.

.

(Xogadores do Sénior Autonómico nun ataque contra Cruz Alta)

.

O equipo Sénior Masculino Autonómico, adestrado por César Álvarez, continúa situado na cuarta posición da clasificación a unha soa vitoria do terceiro clasificado, o Marín Peixegalego (Marín), e con dúas vitorias de vantaxe do conxunto clasificado en quinto lugar, La Salle (Santiago de Compostela).

.

.

O próximo encontro que xogará o Seis do Nadal - Coia será ante La Salle (Santiago de Compostela), equipo clasificado na quinta posición da competición cun balance de nove vitorias ante o mesmo número de derrotas. O encontro será disputado o próximo sábado 19 de marzo do 2011 ás 20:30 horas no Colexio La Salle.

.

A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da décimo oitava xornada, onde o noso conxunto ocupa á cuarta posición, é a seguinte:

.