.
O conxunto Júnior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García e Sandra Solano, finalizou a fase regular da Liga Interzonal Júnior Feminina 2010/2011 na terceira posición da táboa clasificiándose para xogar o cruce de semifinais.
.
O combinado Júnior Feminino finalizou na terceira posición da Liga Regular da Liga Interzonal Vigo-Ourense de categoría júnior feminina despois de dez encontros disputados, cun balance de seis vitorias e catro derrotas. A clasificación final da Liga Regular da Liga Interzonal Vigo-Ourense foi:
.
.
O combinado Júnior Feminino xogará as semifinais da Liga Interzonal Júnior Feminina contra o Airexa Nigrán, equipo clasificado na segunda posición da táboa con sete partidos gañados e tres derrotas encaixadas. O partido de ida deste cruce terá lugar o próximo domingo 20 de marzo ás 12:00 horas no Colexio Seis do Nadal, sendo o partido de volta a fin de semana do 26 e 27 de marzo en Nigrán.
.
O cadro completo das semifinais da Liga Interzonal FGB 10/11 Vigo-Ourense Júnior Feminina é o seguinte:
.