.
Co Campionato de España de Seleccións achegándose, con data de celebración fixada entre os días 16 e 20 de abril de 2011, as dúas preseleccións galegas de categoría minibásquet realizarán esta fin de semana unha nova concentración. O próximo sábado día 5 de febreiro do 2011 as preseleccións galegas reuniranse en O Grove para realizar novas sesións de adestramento no Pavillón Municipal Monte da Vila pola mañá (de 12:15 a 14:15 horas) e no Pavillón Conmeniño na xornada de tarde (de 17:30 a 19:00 horas).
..
Tres deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia formarán parte das Preseleccións Galegas de Minibásquet de categoría masculina e feminina. En categoría feminina están convocadas Marta Cabaleiro (1999) e Aída González (1999), xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño; e Lois Pérez (1999), xogador do Alevín Masculino "A", adestrado por Carlos Rodríguez e Nicolás Paz, adestrará coa preselección masculina.
..
Estos tres deportistas alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa estiveron convocados a pasada semana nas concentracións que tiveron lugar no Colexio Maristas (Vigo) o sábado día 29 de xaneiro e no Pavillón Lorenzo de la Torre (Santiago de Compostela) o domingo día 30.