.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, comezou a segunda volta da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 con dúas vitorias consecutivas ante o Universitario Campus Ourense e O Meco.
.
O encontro ante o Universitario Campus Ourense (Ourense) correspondente á duodécima xornada da Liga FGB saldouse cunha importante vitoria a domicilio do Seis do Nadal - Coia cun resultado final de 57-68, convertendo ao equipo do Seis do Nadal no primeiro equipo que conseguía superar ao equipo ourensán, conxunto que lidera a clasificación.
.
A décimo terceira xornada enfrontou, o pasado sábado día 29 de xaneiro no Pavillón de Balaídos, ao noso equipo ante O Meco (O Grove), combinado que ocupaba a quinta posición da táboa co mesmo número de vitorias que o Seis do Nadal.
.
O partido ante O Meco comezou de cara para o noso conxunto que cun excelente xogo ofensivo e unha gran solidez no rebote defensivo conseguía chegar ao descanso cunha boa vantaxe superior aos 20 puntos. A segunda parte converteuse en todo o contrario chegando o equipo de O Grove a igualar o partido e a dispor de dúas ocasións nos últimos segundos do cuarto período para levarse o partido. A primeira das prórrogas non conseguía desfacer o empate e foi na segunda onde o Seis do Nadal, aproveitando os erros no xogo de O Meco e cunha gran actuación de Martín Ares, conseguía a vitoria cun resultado final de 109-100.
.
.
O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será en Santiago de Compostela ante o equipo Asesoría Espiñeira, combinado clasificado na décima posición da competición cun balance de catro partidos gañados e nove derrotas. O partido terá lugar o sábado 5 de febreiro do 2011 ás 19:00 horas no Pavillón Compañía de María.
.
O Sénior Masculino Autonómico, adestrado e dirixido por César Álvarez, buscará conseguir unha nova vitoria, a terceira vitoria consecutiva nesta segunda volta da Liga FGB, que lles siga achegando aos primeiros postos da competición.
.
A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da décimo terceira xornada, onde o noso conxunto ocupa á cuarta posición, é a seguinte:
.