.
O Sénior Masculino Autonómico, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu a terceira vitoria consecutiva na segunda volta da Liga FGB Sénior Masculina 2010/2011 ante o Asesoría Espiñeira de Santiago de Compostela.
.
O encontro ante o Asesoría Espiñeira na pista santiaguesa, correspondente á décimo terceira das xornadas da Liga FGB, saldouse cunha nova vitoria a domicilio do Seis do Nadal, cun resultado final de 57-65.
.
.
O próximo partido que xogará o Seis do Nadal - Coia será no Polideportivo de Navia ante o Xuven (Cambados), combinado clasificado na sétima posición da competición cun balance de seis partidos gañados e oito derrotas. O encontro terá lugar o sábado 19 de febreiro do 2011 ás 20:15 horas no Pavillón Municipal de Navia.
.
O Sénior Masculino Autonómico, adestrado e dirixido por César Álvarez, buscará conseguir unha nova vitoria, a cuarta vitoria consecutiva nesta segunda volta da Liga FGB, que lles siga achegando aos primeiros postos da competición.
.
A clasificación do Grupo Sur da Liga FGB Sénior Masculina despois da décimo cuarta xornada, onde o noso conxunto ocupa á cuarta posición, é a seguinte:
.