.
Esta fin de semana se celebrará unha nova xornada de traballo para as Preseleccións Galegas de Minibásquet. Co calendario de encontros que se atoparán no Campionato de España xa na man, os dous bloques de xogadores e xogadoras acometen a súa oitava convocatoria no que vai de tempada.
.
Como ven sendo habitual na súa recente dinámica de traballo, os xogadores e xogadoras convocados realizarán unha sesión de adestramento na que se buscará afondar nos principais conceptos que deben rexir as futuras seleccións galegas.
.
Neste caso, a cita será o próximo sábado día 19 de febreiro no Pavillón Municipal de Agra II de A Coruña. Tódolos preseleccionados reuniranse ás 17:00 horas da tarde nestas instalacións da cidade herculina para exercitarse ata ás 19:00 horas. Como na xuntanza de traballo anterior, celebrada a pasada fin de semana, nesta quenda son 13 as xogadoras convocadas e 17 os rapaces chamados coa preseleccioón.
..
Tres deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia formarán parte das novas concentracións das Preseleccións Galegas de Minibásquet. En categoría feminina volven a estar convocadas Marta Cabaleiro (1999) e Aída González (1999), xogadoras do Alevín Feminino "A", adestradas por Aalí Mohamed e Silvia Caíño; mentres que Lois Pérez (1999), xogador do grupo Alevín Masculino "A", adestrado por Carlos Rodríguez e Nicolás Paz, está convocado coa preselección galega de minibásquet masculina.