
.

.
A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa área deportiva, continúa ampliando a rede dos seus Centros de Tecnificación para esta tempada 2010/2011.
.
A Delegación Viguesa de Baloncesto, baixo un réxime aberto e libre de convocatoria de xogadoras, iniciarán a tarefa de tecnificación na categoría cadete feminina de primeiro ano coa dirección dos seus Responsables Técnicos correspondentes e coa colaboración de diferentes adestardores e adestradoras.
.
O primeiro adestramento de categoría cadete feminina no Centro de Tecnificación de Vigo será o próximo domingo día 19 de decembro do 2010 ás 16:00 horas no Colexio Seis do Nadal (Coia) e ata as 17:30 horas.
.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará ben representado por Andrea Alfaro (1996), Sara Araújo (1996), Sara Fernández (1996), Irea González (1996), máis Laura López (1996) e Andrea Muñoz (1996), todas xogadoras do Cadete Feminino, capitaneadas por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez. Esta seis xogadoras asistirán e participarán no primeiro Centro de Tecnificación de categoría cadete feminina da Delegación de Vigo.
