
.
A Federación Galega de Baloncesto continúa completando a súa intensa programación de actividades de tecnificación nos Centros de Tecnificación no mes de decembro do 2010.
.
A delegación de Vigo programou un Centro de Tecnificación (CETI) de réxime aberto que se levará a cabo na xornada do domingo 19 de decembro do 2010 no Colexio Seis do Nadal, convocándose ás 16:00 horas ás xogadoras cadetes e ás 17:30 ás xogadoras de categoría infatil.
.
Esta nova xornada do Centro de Tecnificación, nesta ocasión de categoría infantil e cadete feminina, estará dirixida por dous adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Jorge Martínez, adestrador do Cadete Feminino, e Breixo Solla, adestrador do Infantil Masculino "B" e Júnior Masculino "B", dirixirán as dúas sesións de adestramento que se levarán a cabo no colexio de Coia.
