.
.
.
.
O pasado domingo 12 de decembro do 2010 celebrouse no novo Pavillón Municipal de Navia o acto de Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2010/2011.
.
Preto de 600 deportistas se deron cita nesta Presentación Oficial nas instalacións do Pavillón Municipal de Navia; preto de 300 deportistas dos equipos federados e aproximadamente 250 rapaces e rapazas das Escolas Deportivas. Estas cifras fan que cada ano o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia sexa o club coa maior canteira da cidade de Vigo e cunha das mellores canteiras da comunidade de Galicia.
.
Cada equipo federado, cada escola deportiva, o conxunto de baloncesto para adultos e o corpo técnico foi presentado á gran cantidade de persoas asistentes ao acto e aos medios de comunicación a través dun desfile dos integrantes de cada equipo e dunha foto de equipo oficial da tempada 2010/2011.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
Unha vez presentados cada un dos equipos tiveron lugar as intervencións dos dirixentes da entidade e das autoridades que acompañaron á nosa entidade durante a Presentación Oficial.
.
Abriu as intervencións D. Sergio González Larrañaga, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, e logo continuaron no turno de palabra Dna. María del Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; D. Alberte Zato e Gómez de Liaño; Presidente da Delegación Viguesa así como Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto; pechando as intervencións e clausurando o acto D. Francisco Xavier Alonso Pérez; Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo.
.
.
.
Cunha grada repleta de familiares, amigos, patrocinadores e colaboradores, o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pechaba o acto de Presentación Oficial da tempada 2010/11 cunha gran foto de grupo con tódolos deportistas, monitores e adestradores que conforman esta gran familia que é o Seis do Nadal, que ano tras ano segue medrando e conseguindo cifras históricas a nivel deportivo e estrutural.








































